Parque Natural das Fragas do Eume

Datos de contacto

Dirección

Pontedeume

A Coruña

Este bosque atlántico é coñecido pola súa biodiversidade e beleza, fogar de especies en perigo de extinción e un antigo mosteiro, ideal para os amantes da natureza.

As Fragas do Eume, cuxa extensión abarca cinco municipios, é un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de toda Europa. O bosque, que é Parque Natural, é o maior reclamo turístico do destino Ferrolterra – Rías Altas. Ás Fragas do Eume accédese desde A Capela, Pontedeume, Cabanas, Monfero ou As Pontes, municipios polos que se estende este espazo, parque natural desde 1997. As fragas son o refuxio da flora e fauna da rexión. Na vexetación destacan carballos, freixos, ameneiros, castiñeiros, bidueiros, acivros e albedros. Estas especies arbóreas, moitas delas con millóns de anos de vida, seguen o curso do Eume ata a súa desembocadura na ría de Ares. Unha gran diversidade de mamíferos, anfibios (13 especies das 15 que hai en Galicia atópanse aquí!), réptiles e aves habitan as fragas. Londras, cervos, píntegas, falcóns, merlos… Todos eles conviven no parque para o goce de quen o visita. Neste espazo natural tamén encontran o seu fogar moitas especies en perigo de extinción, como o castigado lobo ibérico. Nun montículo rochoso das Fragas do Eume encontramos o mosteiro de Caaveiro. A orixe desta construción remóntase ao século X, vinculada á vida monástica do lugar. Le máis sobre este e outros mosteiros do destino.

Previsión meteoroloxía

Fene

Weather Image 13°C Sensación 12°
nubes rotas
  • Mér
    21/10

    Weather Image

    15° /11°

    Humidity Image 70%

  • Xov
    22/10

    Weather Image

    14° /13°

    Humidity Image 70%

  • Ven
    23/10

    Weather Image

    14° /11°

    Humidity Image 68%

Previsión meteoroloxía

Fene

Weather Image 13°C
Sensación 12°C
nubes rotas
  • Mér
    21/10

    Weather Image

    15° /11°

    Humidity Image 70%

  • Xov
    22/10

    Weather Image

    14° /13°

    Humidity Image 70%

  • Ven
    23/10

    Weather Image

    14° /11°

    Humidity Image 68%