Centros históricos
Ortiga
Montañas, vales, ríos, mar e, sobre todo, rías. Ortigueira é unha terra de contrastes, cos cumes máis altos das serras da Capelada e da Faladoira xusto á beira do mar. A ría de Ortigueira e Ladrido, grazas á súa flora e fauna, é un dos humidais máis importantes de Galicia. Para os máis aventureiros, hai nove rutas costeiras e de montaña por todo o municipio que permiten gozar da gran riqueza natural e paisaxística da zona. Porén, Ortigueira é moito máis. Por exemplo, é historia e patrimonio. Aquí hai ata 14 fortes. Entre eles, destaca o xacemento de Punta dos Prados, bo exemplo de castro marítimo. A vila tamén conserva importantes exemplos arquitectónicos do século XIX, como o Teatro da Beneficiencia, o Convento e a Igrexa de Santa Marta. Cada verán, a vila convértese na capital da música celta co Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Un evento que reúne a miles de persoas de todo o mundo. http://www.concellodeortigueira.com