Praias

Praia de Caranza

Praia de Caranza

Unha praia urbana de area branca e augas tranquilas, perfecta para practicar deportes náuticos, cun paseo marítimo con encanto e vistas á ría.

Praia urbana artificial de 600 metros de lonxitude de area branca e fina, situada na enseada de Caranza, de augas tranquilas, ideal para practicar deportes náuticos (vela, remo, etc.). Ten un paseo marítimo e unhas fermosas vistas á ría de Ferrol.