Que ver

PRAIAS DA COSTA FERROLTERRA

PRAIAS DA COSTA FERROLTERRA

Praias de area ideais para observar aves migratorias e gaivotas, perfectas para os amantes da natureza e os afeccionados á fotografía nun entorno costeiro.

Dende o Cabo Prior ata Cedeira sucédense varios arenais costeiros: Doniños e Esmelle no Concello de Ferrol ou A Frouxeira e Pantín en Valdoviño son enclaves interesantes durante a migración para buscar limícolas, especialmente entre os acúmulos de algas. Non faltarán os pilros comúns e tridáctilos, os virapedras ou a píllara real. No Inverno son os grandes láridos os dominantes nestas praias, descansan en grandes grupos formados por gaivotas patiamarelas, escuras, arxénteas e gaivotóns: as praias de Pantín e Meirás son ideais para observalas.