Castelos
Castelo de Moeche
A historia que non esquencemos O principal punto de atención para o turista é o Castelo, que leva o nome do municipio. Sen embargo, son moitos os fermosos lugares cos que nos imos atopando se facemos un percorrido por Moeche. O Castelo de Moeche, situado na parroquia de San Xurxo, foi construído no século XIV, pola súa antigüidade e as súas características é o edificio máis emblemático deste Concello. Posúe planta poligonal, en que a parte oeste vese defendida cun foxo escavado na rocha. No leste está a entrada, defendida cun baluarte apegado de planta irregular, co fin de incrementar a capacidade defensiva e controlar mellor o contorno. Ten sete sectores e dúas poternas para coidado do foso. Dende o baluarte, atravesando a cadrada torre da homenaxe, unha das partes mellor conservadas e na que aínda apreciamos as ameas que a coroaban, accédese o patio de armas, ao que verten as catro estancias que conforman o Castelo. Nunha delas consérvase unha escaleira helicoidal de cantería que permite o acceso ao paso de rolda. Está construído con grosos muros de cachotería, cos pavimentos de grava e herba. No interior nunha das estancias aínda se conserva unha bóveda e no exterior, dous escudos de armas e pequenas fiestras con arcos de medio punto.