Rutas ciclistas

Volta Esmelle

Volta Esmelle

Descubre rutas en bicicleta de montaña que combinan cultura, natureza e gastronomía, explorando paisaxes costeiras e monumentos históricos.

En Ferrolterra, os amantes do BTT descubrirán a cultura, a natureza e a gastronomía a golpe de pedal. É por iso que o Centro BTT de Esmelle pon á nosa disposición 7 traxectos circulares, 6 deles balizados, de diversa dificultade. Transcorren pola súa costa e vales, pasando por lugares de interese como o Cabo Prior e as súas baterías, as praias de Doniños, San Xurxo, Ponzos e Santa Comba, o castelo de San Felipe, os muíños e lavadoiros restaurados de San Xoan de Esmelle ou a ermida de Chamorro (S.XVI). VOLTA A ESMELLE Trátase dunha ruta de algo máis de 10km e sen grandes desniveis, exceptuando unha pequena subida despois da praia de San Xurxo. Transcorre por asfalto e pistas de terra, pódese realizar tanto a pé como en BTT.