Espazos na natureza

Sendares 6 - Seselle Redes

Sendares 6 - Seselle Redes

Goza dunha ruta costeira tranquila que combina historia, vistas panorámicas e a esencia dunha pintoresca vila de pescadores. Ideal para todos.

A ruta parte desde a praia de Seselle, percorrendo a súa suave area e contemplando a ría de Ares, a medida que avanzamos cara o pequeno pobo pesqueiro de Redes, non sen antes pasar pola zona onde se atopaba un antigo asentamento da Idade de Ferro. Punta Mourón, que así se chama o antigo poboado, está situado nunha pequena península e, aínda que se atopa sen excavar, paga a pena achegarse ata el e disfrutar das fermosas vistas sobre a ría. Cunha poboación arredor dos 200 habitantes, trátase dun pobo 100% mariñeiro, onde as casas están a escasos metros do mar, medio de sustento por excelencia dos seus habitantes. Preto do pequeno porto, na praia de Area Morta, aínda se conservan as estruturas de madeira que antigamente se utilizaban para colgar as redes de pesca. Trátase dunha ruta que se pode realizar tanto a pé como en BTT e que discorre un 60% por terreo asfaltado e un 40% por sendeiros de terra. Sinxela, sen grandes desniveis e cunha lonxitude total apta para todos os niveis.