Espazos na natureza
RUTA DOS PEIRAOS
A Ruta dos Peiraos conta cunhas das paisaxes máis espectaculares da Costa Ártabra, pasando por territorio protexido pola Rede Natura e entrando na Serra da Capelada, lugar que ostenta a distinción de albergar os cantís máis altos da Europa continental. Partindo do Castelo da Concepción, en Cedeira, dirixímonos cara ao norte, atopando no camiño lugares de especial beleza patrimonial e paisaxística, como a Ermida de San Antón de Corveiro, do século XVII, ou antigas garitas como a Garita de Eixil, ou a Garita de Vilar, das que quedan pouco máis que ruínas. Durante o camiño, tamén visitaremos varios miradoiros con vistas ao Atlántico: o Mirador da Boca de Tarroiba, ou o Mirador de Cortes, antes de baixar ao santuario de Santo André de Teixido, xa sabes, mellor vivo!