Patrimonio cultural

CASA JOAQUIN SIXTO VAZQUEZ

CASA JOAQUIN SIXTO VAZQUEZ

Esta casa familiar destaca pola súa pintoresca arquitectura, con arcos, unha galería colorida, e un balcón de madeira, ideal para os amantes do único.

[1929] Eclecticismo Foi promovido por Joaquín Sixto Vázquez, emigrante na Habana. O proxecto foi obra dos arquitectos cubanos Albarrán e Bibal. É unha casa familiar que se distingue polo seu aspecto pintoresco. Un alpendre con tres arcos de medio punto sostén unha longa galería, pintada en branco e granate, igual que o perímetro dos ocos. Destaca tamén un balcón de esquina de madeira, que domina a fachada principal.