Patrimonio cultural

Centro de Interpretación Los Andrade

Centro de Interpretación Los Andrade

Esta torre histórica de 18 metros de altura, vestixio dun antigo palacio, ofrece unha vista única e unha conexión coa historia local, ideal para turistas cur...

Torre de 18 metros de altura e 11,50 de lonxitude, hoxe Oficina de Turismo e Centro de Interpretación da familia Andrade, é o último vestixio do Pazo dos Andrade, que completaba o recinto amurallado da vila no seu lado occidental. Posiblemente foi construído por Fernán Pérez de Andrade "O Boo" a finais do século XIV. En 1905 pasou a ser propiedade da vila e en 1911 derrúbase unha parte para abrir a Avenida de Lombardero. En 1936 o resto desapareceu, posibilitando unha considerable ampliación da Praza do Conde. Na década de 1930 colócase o escudo de don Ginés Ruiz de Castro Andrade, antes situado na fachada principal da casa pazo, e en 1951 rematou o coroamento e abriuse a porta que da a Praza do Conde.