Patrimonio cultural

SOCIEDADE OU MERCEIRA: PISTA DE BAILE

SOCIEDADE OU MERCEIRA: PISTA DE BAILE

Un lugar único que combina natureza e tradición, ideal para gozar das festas gastronómicas e da cultura local nun entorno pintoresco.

[1927] Nace por iniciativa da Sociedade de Amigos das Árbores O Pote, fundada en 1926, para crear un espazo natural con árbores autóctonas e para a celebración de festas parroquiais. Entre os seus promotores figuraban moitos emigrantes residentes en Cuba. En 1933 crean a Romaría do Pote, a primeira festa gastronómica sen connotacións relixiosas de toda a comarca. O escenario, o poste de iluminación e os adornos están nas cores branca e azul, como a bandeira galega e moi propias da arquitectura das Indias.