Sendeirismo

Sendares 4 - Ares Lubre

Sendares 4 - Ares Lubre

Descubre unha encantadora cidade costeira chea de historia, acantilados abraiantes e praias idílicas, perfectas para facer sendeirismo e andar en bicicleta.

A ruta parte da localidade de Ares, un pequeno pobo costeiro cunha historia que vai dende os ártabros, pobo do que existen numerosos vestixios na zona, ata arquitectura Indiana, que se pode apreciar en numerosas e grandes vivendas de principios do século XX, propiedade de aqueles que fixeron fortuna nas Américas, xa fora en Brasil, Uruguay, Cuba, Arxentina… Moi perto do edificio do concello de Ares, e a ton só uns pasos da Praia de Ares, atópase a Praza da Igrexa, onde comezará a ruta. Nela levántase a igrexa de San Xosé de Ares, edificada no 1721 e remodelada a princpipios do século XX. Podemos comezar a nosa ruta desde a Praza da Igrexa de Ares ou ben desde a igrexa de Santa Olaia de Lubre (s.XV). Nesta versión, comezamos desde a Praza da Igrexa de Ares, baixando cara o paseo marítimo en dirección ao Porto de Ares. Esta ruta transcorre un 60% por sendeiros de terra, moi cercanos ás zonas de cantís da costa, de grande beleza, e un 40% por camiños asfaltados. Con un desnivel positivo acumulado de non máis de 230m, é unha ruta apta para tódolos niveis. Grande parte do percorrido transcorre por zona costeira, por tanto o vento será un factor a ter en conta. Pódese realizar tanto a pé como en BTT. Sen dúbida os grandes protagonistas desta ruta son os cantís e as praias que atopamos ao noso paso. Aconsellamos ferventemente facer unha parada nas praias de Centeás, Estacas e A Barrosa.