Sendeirismo
Sendares - Circuito perimetral
Este track correspóndese ao circuito perimetral das 6 zonas. A ruta parte de Ares, e diríxese cara o oeste para posteriormente meterse cara o interior da ría de Ferrol, sempre pegado á costa. Unha vez chegado ao Castelo da Palma, emprenderemos a subida máis complicada da ruta, ata chegar ao mosteiro de Santa Catalina, no cumio de Montefaro. A segunda parte da ruta, xa non será pola costa, se non que se dirixirá cara o este polo interior, pasando de novo por Ares, que actuará de nodo, xa que a ruta é en forma de 8. Pódense facer os 48km dunha vez, ou ben dividilo en dous circuitos de 17km e 31km respectivamente. Trátase dunha ruta que se pode realizar tanto a pé como en BTT e que discurre un 40% por terreo asfaltado e un 60% por sendeiros de terra.