Sendeirismo

Sendares 1 - Montefaro

Sendares 1 - Montefaro

Explora impresionantes fortificacións históricas e goza de vistas panorámicas de cantís e rías nunha ruta pintoresca e desafiante.

A ruta comeza no Castelo da Palma, construído no 1597, unha das tres fortalezas que nos podemos atopar en Punta da Redonda, unha zona que forma un estreito paso na boca da ría de Ferrol. Xunto co Castelo de San Felipe, e o de San Martín, creouse unha forte defensa que permitía protexer as instalacións militares de posibles ataques inimigos, xa fose por terra ou por mar, xa que os castelos formaban entre si un inexpugnable triángulo de fogo. Máis adiante atoparémonos con outras fortificacións de ámbito militar máis modernas. Trátase das baterías costeiras de obuses de Segaño, Salgueira, Fonte Seca e Pena Bailadora, construídas arredor de 1897 e 1898, como defensa do golfo ártabro, e da base naval de Ferrol. Sen deixar de lago o valor paisaxístico desta ruta, disfrutaremos de fermosas panorámicas da ría e dos seus cantís. A ruta transcorre case na súa totalidade por sendeiros e pistas de terra e é apta para a súa realización en BTT. A pesares de non chegar aos 9km de percorrido conta con algúns desniveis suficientes para considerarse unha ruta con certa esixencia física.