Museos e centros de interpretación

Muíño de mareas Senra

Muíño de mareas Senra

Un espazo único que combina historia e natureza, ideal para observar aves e coñecer a tecnoloxía dun antigo muíño fariñeiro de 1910.

O interese histórico, marítimo e natural fúndense neste espazo recreativo, que constitúe un museo en si mesmo. Despois de anos de abandono, a rehabilitación da central hidroeléctrica, situada ao pé da Ría de Ortigueira, na parroquia de Senra, recupera parte da historia social e económica local. A visita é unha viaxe no tempo para coñecer a tecnoloxía e o funcionamento deste muíño fariñeiro de 1910, impulsado pola enerxía do mar. Aproveitando a súa localización na zona húmida protexida da Ría de Ortigueira-Ladrido, o centro conta cunha zona reservada para a observación de aves, con equipamento especializado. Tamén é a sede da Asociación Ornitolóxica Calidris.