Mapa Turismo FerrolTerra

CASA ROSA

CASA ROSA

Destaca pola súa arquitectura colorida e ecléctica, con elementos cubanos, un xardín exótico, e unha galería que invitan a gozar da súa beleza única.

[1923] Eclecticismo Fronte á casa anterior atópase esta Casa Rosa, chamada así pola cor das súas fachadas. Foi construído por Pedro Dopico Brage, un emigrante residente na Habana. Construída en cemento, presenta unha escaleira balaustrada que conduce ao vestíbulo de entrada, e dous piares que sosteñen unha galería continua na parte superior. Conta cunha cuberta na azotea, seguindo o modelo de construción importado de Cuba, e un xardín con especies arbóreas típicas da India.