Mapa Turismo FerrolTerra
Cantís de Ortegal
Os impresionantes cantis de Vixía Herbeira, nos concellos de Cedeira e Cariño, ofrecen unha das vistas máis espectaculares de Galicia. Forman parte da Serra da Capelada, e son os cantís de maior altura sobre o nivel do mar de Europa continental, superando lixeiramente os 600 metros. Nesta fermosa paraxe cría a pica alpina, propio de cotas máis altas, e vese facilmente durante todo o ano. En abril os merios papoblancos detéñense aquí antes de saltar ás Illas Británicas e Escandinavia para nidificar, Durante a migración de outono chegan desde o mar bandos de bisbitas comúns e lavercas, así como tamén é posible ver píldoras douradas e bandos mixtos de frinxílidos no inverno. Aves moito máis escasas son a escribenta das neves ou a plilara rubia. Unha boa opción para visitar esta zona é achegarse á garita de Vixía Herbeira e percorrer desde all os prados adxacentes, aínda que toda a zona ofrece boas oportunidades.