Mapa Turismo FerrolTerra
Museo do Humor
A educación artística é esencial para desenvolver habilidades creativas, aumentar o coñecemento cultural e exercer a sensibilidade individual. A arte ofrece aos espectadores visións, soños, medos e recordos; transpórtaos a mundos fantásticos, capta momentos cotiáns e transmite valores. Por que ás veces, cando alguén visita un museo, en vez de mostrar entusiasmo e interese polo que ve, parece canso ou mesmo aburrido? No Museo do Humor de Fene isto non pasa. O noso obxectivo é entreter e divertir aos visitantes, pero tamén facerlles reflexionar sobre o que ven durante a súa estancia. O Museo do Humor de Fene é un centro único e singular en Galicia. Na actualidade exhibe preto de 300 obras orixinais de debuxantes de Galicia e de todo o mundo. A visita ao Museo do Humor de Fene permite, ante todo, coñecer a figura do seu principal impulsor, o debuxante Xaquín Marín. Dende este punto de partida, o percorrido polas distintas salas do museo proporciona ao visitante o contacto cos principais representantes do humor gráfico galego, nacional e internacional. Desde clásicos como Xaquín Marín, Siro, Reimundo Patiño, Quesada ou Forxán, ata artistas actuais como Luís Davila, Pinto&Chinto, Andrés Meixide, Kiko Dasilva, Leandro Barea ou Miguelanxo Prado. Ademais, o Museo do Humor de Fene conta cun recuncho reservado ás caricaturas e dúas salas temáticas dedicadas, por unha banda, ao humor negro e, por outra, á banda deseñada. Aínda que o humor gráfico, nas súas diferentes modalidades, segue a ser o elemento central arredor do que xira a exposición permanente do Museo do Humor, tamén se exhiben nas súas dependencias: • Obxectos divertidos ou curiosos como as figuras do "Gallego en las escaleras", a "Cabeza gallega", a "Cabeza Galega", o "Gaspariño", o "Carrabouxo", o "T. espellos convexos nos que os visitantes poden rirse a carcajadas da súa imaxe distorsionada. • Colección de pedras e obxectos cotiáns pintados por Serafín (doado por José Luís Olavarría). • Publicacións diversas como as coleccións de “Sapoconcho” (revista do Museo do Humor), “Retranca”, ou números antigos de “La Codorniz” ou “El Jueves”.