Mapa Turismo FerrolTerra
Cabo Prior
En Ferrolterra, os amantes do BTT descubrirán a cultura, a natureza e a gastronomía a golpe de pedal. É por iso que o Centro BTT de Esmelle pon á nosa disposición 7 traxectos circulares, 6 deles balizados, de diversa dificultade. Transcorren pola súa costa e vales, pasando por lugares de interese como o Cabo Prior e as súas baterías, as praias de Doniños, San Xurxo, Ponzos e Santa Comba, o castelo de San Felipe, os muíños e lavadoiros restaurados de San Xoan de Esmelle ou a ermida de Chamorro (S.XVI). Nesta ruta pasaremos por paraxes naturais como as praias de San Xurxo, Santa Comba ou Ponzos e os seus correspondentes sistemas dunaeres, e gozaremso das impoñentes vistas do monte Pena Molexa. Quizáis o máis reseñable sexa o propio Cabo Prior, un dos enclaves defensivos máis importantes de España, é por iso que pasaremos cerca de varias baterías abandoadas, onde se situaban os xigantescos cañóns de artillería. Tamén serán de parada obrigada o seu faro, dende onde se poderá admirar a costa Ártabra en todo o seu esplendor. A TER EN CONTA O máis reseñable é a subida a monte Pena Molexa, onde teremos que salvar 300 metros de desnivel progresivamente, para logo descender por un terreo medianamente técnico e con desniveis que convirten a este percorrido nunha ruta esixente