Mapa Turismo FerrolTerra
Senda das Ondas – Valdoviño
Esta ruta sinalizada, que discorre integramente pola costa, permite visitar catro praias do concello de Valdoviño que, ademais da súa gran beleza ambiental e paisaxística, son coñecidas pola súa calidade para a práctica do surf: Vilarrube, Baleo, Pantín e A Frouxeira. A ruta tamén ofrece unha paisaxe formada por algúns dos tramos máis espectaculares da costa gallega, que podemos apreciar en todo o seu esplendor desde os tres miradoiros que atoparemos ao longo do camiño: San Xiao, Punta Oural e O Paraño, este último seleccionado como un dos 50 miradoiros imprescindibles de Galicia. A TER EN CONTA / RECOMENDACIÓNS Trátase dunha ruta longa, que se pode facer tanto a pé como en bicicleta de montaña e que discorre nun 10 % por pistas de terra, un 40 % por pistas de terra e un 50 % por pistas de asfalto. A distancia e as pendentes convértena nunha ruta de nivel medio.