Mapa Turismo FerrolTerra
Sendares 5 - Ares Seselle
A ruta parte da localidae de Ares, un pequeno pobo costeiro cunha historia que vai dende os ártabros, pobo do que existen numerosos vestixios na zona, ata arquitectura Indiana, que se pode apreciar en numerosas e grandes vivendas de principios do século XX, propiedade de aqueles que fixeron fortuna nas Américas, xa fora en Brasil, Uruguay, Cuba, Arxentina… Moi perto do edificio do concello de Ares, e a ton só uns pasos da Praia de Ares, atópase a Praza da Igrexa, onde comezará a ruta. Nela levántase a igrexa de San Xosé de Ares, edificada no 1721 e remodelada a princpipios do século XX. Trátase dunha ruta que transcorre un 50% por camiño asfaltado e estrada e un 50% por sendeiros e pistas de terra, cun desnivel positivo acumulado de 345m. O que a convirte nunha ruta sinxela e asequible para todos. Pódese realizar tanto a pé como en BTT. Outro punto interesante son as praias de Ares e Seselle, son ideais para un paseo mentres contemplamos a ría de Ares, e por último, o parque Rosalía de Castro, coa súa pequena Ponte da Ciscada, unha pequena ponte de un só arco que data da baixa Idade Media, (s.XIV), e cruza o río Xunqueira.