Mapa Turismo FerrolTerra
Entre Dúas Rías
En Ferrolterra, os amantes do BTT descubrirán a cultura, a natureza e a gastronomía a golpe de pedal. É por iso que o Centro BTT de Esmelle pon á nosa disposición 7 traxectos circulares, 6 deles balizados, de diversa dificultade. Transcorren pola súa costa e vales, pasando por lugares de interese como o Cabo Prior e as súas baterías, as praias de Doniños, San Xurxo, Ponzos e Santa Comba, o castelo de San Felipe, os muíños e lavadoiros restaurados de San Xoan de Esmelle ou a ermida de Chamorro (S.XVI). O itinerario EDR (Entre Dúas Rías) iníciase en Mugardos dirección O Seixo por un sendeiro de costa que nos presenta os estaleiros de Ferrol e Fene. Continúa ata o mosteiro de Santa Catalina (S. XII) de gran interese patrimonial, e ascende ata o miradoiro da Bailaora que ofrece unha panorámica de excepción. Nun descenso vertixinoso alcanza o miradoiro natural de Punta Avarenta con vistas á ría de Ares, A Coruña e Miño. Sigue rodando pola costa de Ares, e intérnase en Redes por un camiño centenario poboado de árbores de bosque atlántico, para volver de novo ao punto de saída en Mugardos. Trátase dun percorrido circular de 54 km de enorme beleza.