Mapa Turismo FerrolTerra

Área Protexida Xuvia-Castro

Área Protexida Xuvia-Castro

Ríos, lagos e montañas ofrecen un entorno natural diverso, ideal para facer sendeirismo e gozar de vistas impresionantes desde os seus cumios.

Os ríos Xuvia e Castro dan nome a unha zona protexida pola distinción LIC (Lugar de Importancia Comunitaria). Baixo o LIC Xuvia – Castro encóntranse dous espazos naturais. Por un lado, o tramo do río Grande de Xuvia e o seu afluente principal, o Castro. Por outro, a serra de Forgoselo. A vexetación de ribeira atópase en moi bo estado de conservación. Nun mesmo espazo, topámonos hábitats diferentes: chairas areosas, lagos naturais, estanques temporais ou bosques de carballos e castiñeiros. A serra de Forgoselo presenta unhas formas suaves e a súa paisaxe varía, encontrando pequenos bosques e extensas pradeiras. Desde o pico de Racamonde, o punto máis alto con 537 metros, as vistas son impresionantes. Se o día está claro pódese divisar gran parte da serra e As Pontes, así como as rías de Ferrol e Ares. O espazo protexido Xuvia – Castro abarca ata sete municipios: A Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes. Son moitas as rutas de sendeirismo que permiten descubrir esta contorna natural desde diferentes ópticas.