Mapa Turismo FerrolTerra
Ruta Muiños de Esmelle
En Ferrolterra, os amantes do BTT descubrirán a cultura, a natureza e a gastronomía a golpe de pedal. É por iso que o Centro BTT de Esmelle pon á nosa disposición 7 traxectos circulares, 6 deles balizados, de diversa dificultade. Transcorren pola súa costa e vales, pasando por lugares de interese como o Cabo Prior e as súas baterías, as praias de Doniños, San Xurxo, Ponzos e Santa Comba, o castelo de San Felipe, os muíños e lavadoiros restaurados de San Xoan de Esmelle ou a ermida de Chamorro (S.XVI). MUIÑOS DE ESMELLE Con catro pequenos ríos que discorren polo val de Esmelle, os muíños xogaron un papel importante en épocas pasadas para a moenda do gran e a fabricación de fariña que podía ser de centeo ou trigo. Ao longo deste percorrido, podemos atopar ata 22 destes muíños, ademáis de fontes e antigos lavadoiros. Trátase dunha rtua de menos de 10km e sen grandes desniveis, que transcorre por asfalto e pistas de terra, pódese realizar tanto a pé como en BTT.