Mapa Turismo FerrolTerra

RÍA DE FERROL

RÍA DE FERROL

Este destino ofrece oportunidades únicas para a observación de aves, como os mergullóns de pescozo negro e os brincos, así como praias ideais para observar a...

Malia tratarse dunha zona intensamente humanizada, a Ría de Ferrol conta cunha gran variedade de especies. O fondo da ría (concellos de Fene, Neda e Mugardos) presenta os puntos de observación máis interesantes. Na enseada de Maniños resulta de especial interese a poboación invernante de entre 60 e 100 exemplares de mergullón de pescozo negro, unha das máis estables de Galicia; con sorte, xunto a eles pode observarse ao mergullón real; tamén son frecuentes as mobellas grandes. A praia de San Valentín, no concello de Fene, é unha boa opción para ver aves propias das zonas lamacentas. Trátase de aves limícolas como os pilros, as pillaras ou os biluricos, ademáis de outras especies mariñas máis comúns e gaivotas. A mellor forma de acceder á praia de San Valentín é dende a Ponte das Pías (estrada FE-14), xa que este enclave sitúase na súa marxen oriental. No caso da enseada de Maniños a mellor opción e coller a estrada AC-133 que une o núcleo de Fene co veciño concello de Mugardos.